Facianas

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA E FOTOGRÁFICA “FACIANAS”

Exposición fotográfica sobre a vida de mulleres de Narón e galegas con carreiras recoñecidas como Amalia Fraguela son protagonistas desta mostra, na que se recordan as suas obras más representativas. Escritoras, pintoras, músicas, médicas, arquitectas, redeiras, percebeiras, mulleres que xa na Idade Media se adicaban ao comercio marítimo, deportistas...

Así como as que tiveron relevancia na guerra do 36 e na posguerra: sindicalistas, militantes de partidos, guerrilleiras, enlaces da guerrilla... Continuidade da dotación na biblioteca municipal de libros feministas e difusión destes libros para achegar á poboación a creación artística e cultural das mulleres en tódolos ámbitos.

AMALIA FRAGUELA (Narón, 1884 – Ferrol, 1958)
facianas

 

Militante libertaria naronesa que integrou un dos primeiros grupos de mulleres anarquistas (“La Antorcha”) co propósito de colaborar coa propaganda emancipadora e de se relacionar con outros grupos afíns. O primeiro labor deste grupo foi lanzar un manifesto titulado “A las mujeres”.


Foi unha das fundadoras do grupo anarquista “Luz y Armonía”, que tiña como obxectivo propagar os ideais anarquistas por medio de folletos e prensa.

Participou en campañas solidarias, como cando en 1912 apareceu nas listaxes de axuda aos presos por cuestións sociais e noutra de axuda aos libertarios mexicanos. Tamén participou en mitins coa mesma finalidade, destacando a importanciada educación en aras da liberdade e o progreso.

Voltou a Ferrol durante a República mais estivo apartada da militancia. Traballou no servizo de limpeza do Concello de Ferrol ata a súa morte en 1942.

Fonte: MARCO, Aurora. Dicionario de mulleres galegas