Para fortalecer e complementar os servizos de saúde en Sedes, o Grupo de Traballo para o desenvolvemento da parroquia que aglutina o movemento asociativo, pon andar unha nova etapa do programa de consulta e asesoramento da saúde.
Todos los meses, como mínimo, un especialista da saúde realizará unha o duas sesións de asesoramento e consulta sobre distintos aspectos e especialidades da mediciña preventiva ou da saúde en xeral.
A través dunha metodoloxía directa e eficiente basada nos principios de interación directa entre especialista e grupos de veciños, se efecturán consultas en grupo, se adestrará as persoas en distintas técnicas de autocuidados da saúde personal, ou ben se realizarán talleres prácticos de autocuidados.
Os vindeiros meses pasarán pola aula de saúde de Sedes cardiólogos, internistas, endocrinos, nutricionistas, médicos de cabeceira, fisioterapeutas, traumatólogos, pediatras, enfermeiros e outros profesionales especialistas.
Este segundo ciclo do aula de saude se inaugura o día 12 de Novembro as 18:20 horas no centro social de Sedes, cunha sesión de consulta e asesoramento que tratará sobre “Doenzas e lesión das articulacións: tratamentos de fisioterapia”que será dirixido por un diplomado en fisioterapia especialista en rehabilitación.
O día 26 de Novembro a mesma hora e lugar se desenvolveŕa un “Taller práctico de cuidados para facer na casa, nas lesión e doenzas articulares”, tamen desenvolvido por un fisioterapeuta especializado.
Esta iniciativa do Grupo de Traballo, aporta unha visión renovadora nas zonas rurais, seguindo modelos europeos de achegamento de programas de saúde comunitaria, fortalecendo o coñecemento de sobre menciña e saúde personal, coa finalidade de garantizar unha mellor calidade de vida das persoas e da súa autonomia.
O público destinatario son as persoas de calqueira idade.
O Grupo de Traballo de Sedes pedirá a colaboración do Concello de Narón, da Deputación provincial, e da Xunta de Galicia, para poder soster no tempo esta iniciativa que pode ser transferida a outras zonas rurais de Galicia, e que se basa no reconocemento do feito diferencial rural que recolle a Lei de Desenvolvemento Rural.