Guía Coeducación

 

Educar para a Igualdade, supón educar de forma conxunta a nenos e nenas, na idea de que hai que diferentes xeitos de mirar o mundo. Un mundo que necesita urxentemente incorporar o "saber mirar" de mulleres e homes formando unha visión colectiva, como único medio para interpretar e coñecer a realidade na que todos vivimos.

COEDUCAR significa construír unha realidade nova, tendo en conta por igual as diferentes miradas das mulleres e dos homes. Coeducar significa COORDINAR e adxuntar esforzos para un obxectivo común, que é a Igualdade, pero para iso, debemos ser conscientes de que tal empresa é responsabilidade de todos e todas.

A continuación tedes unha serie de recursos para levar a coeducación a todos os ámbitos da nosa vida diaria. Non podemos falar de coeducación tendo en conta só o contexto educativo, posto que os alumnos e alumnas cando salen da súa escola, volven aos seus fogares ou participan en actividades de lecer onde a coeducación tamén debe estar presente.

De nada serve que se realice a coeducación tan só nun ámbito, se pola contra, na familia ou nos entornos onde se desenvolver actividades de lecer a mensaxe que se lles transmite é ben distinta.

Recursos

  1. Coeducando, construímos igualdade: Guía didáctica de boas prácticas en educación igualitaria

    Trátase dunha ferramenta se sensibilización, de información e como consecuencia de cambio, na medida en que alcance remover consciencias e a mensaxe transmitida nela, sexa interiorizada polo seu lector ou lectora.

    Descargar recurso

  2. Programamos as actividades pensando en "Todos" ou en "Todos e Todas"?

    Moitas persoas que desenvolven o seu labor no ámbito da participación comunitaria, pensan que para conseguir unha igualdade real de oportunidades, entre nenos e nenas é suficiente co ensino mixto nas aulas, ximnasios e canchas deportivas. Isto non é certo xa que son moi variados os contextos nos que os nenos e nenas se socializan e polo tanto pódense desenvolver outras estratexias

    Descargar recurso

  3. Estereotipos: homes e mulleres diferentes pero iguais en dereitos

    Cantas veces oímos dicir "os nenos son máis brutos pero son máis nobres"?. Mensaxes deste tipo son a base dun sistema de valores e crenzas sobre o que construímos as nosas identidades como homes e mulleres. Neste recurso preséntanse unha serie de preguntas e exercicios prácticos para rachar con estereotipos.

    Descargar recurso

  4. O sexismo na escola

    Podemos falar de diferentes ámbitos nos que se manifesta o sexismo no contexto educativo. Estes ámbitos van desde os materiais didácticos, imaxes e referentes expostos nas aulas, a organización dos espazos dos centros, ata os estereotipos que se transmiten ao alumnado por parte do profesorado. Para analizar en profundidade a incidencia do sexismo na escola, é necesario que identifiquemos os diferentes aspectos e non coeducativos que condicionan a consecución dunha mensaxe de igualdade entre mulleres e homes

    Descargar recurso

  5. A familia coeducando

    O cambio da posición da muller, provoca o que esta teña que facer fronte, moitas veces, a catro tarefas distintas á vez (acceso ao traballo remunerado,coidado da casa, crianza e educación dos fillos e fillas e o seu papel de “esposa”), xa que a sociedade non contempla a entrada das mulleres nomercado de traballo, coa consecuente provisión de servizos para o funcionamento da casa e o coidado das criaturas, que en ocasións teñen que quedar a cargo dos/as avós/as. Isto obrigou á familia a buscar novas fórmulas que fagan fronte a esta situación.

    Descargar recurso

  6.  A escola coeducando

    O obxectivo da escola é a formación de persoas no máis amplo sentido da palabra. Persoas que conviven no propio centro e persoas que cando salguen del, teñen que convivir en sociedade. Para que esta convivencia sexa adecuada, debemos educar ao alumnado desde as súas idades máis temperás, intentando formarlles para que sexan persoas libres, autónomas e tolerantes, entendendo de forma lóxica, que dito obxectivo non se pode conseguir se actuamos puntualmente e de forma específica en diferentes ámbitos da sociedade.

    Descargar recurso

  7. A comunidade coeducando

    A comunidade ofrece distintos espazos dende os que nenos e nenas poden participar na construcción dunha sociedade máis xusta, e polo tanto na asimilación e difusión de valores máis igualitarios nos que se engadirían os relacionados ca igualdade entre os sexos, xa que un desenvolvemento máis equitativo e democrático do conxunto da sociedade require a eliminación dos tratos discriminatorios contra calquera grupo.

    Descargar recurso