En base ao establecido pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que está facilitando os seus datos de carácter persoal ao Responsable de Tratamento: Concello de Narón (en adiante A ENTIDADE), con dirección Praza de Galicia S/N, 15570 Narón, A Coruña.
1.- FINALIDADE DO TRATAMENTO
Os datos recopilados serán únicamente os detallados nos formularios de contacto e de achega de material.
A ENTIDADE poderá tratar os seus datos de carácter persoal dacordo coas seguintes finalidades:
- Xestionar a súa navegación a través do Sitio Web.
- Xestionar o servizo de Atención ao cidadán, para dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquedanzas que poida ter relativas á información incluida no Sitio Web, así como calquera outra consulta que poida ter.
- Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relación que a ENTIDADE manteña con vostede.
O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria, pode conlevar que non sexa posible xestionar a súa petición a través dos formularios de contacto.
No caso de que achegue Datos Persoais de terceiros, vostede responsabilízase de ter informado e obtido o consentimento para achegalos coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes do presente Aviso Legal.
2.- LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A lexitimación baséase no consentimento que vostede ofrece ao facer clic no botón "ACEPTO A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS".
3.- DESTINATARIOS DE CESIÓNS
Non cederemos os seus datos a terceiros.
4.- DEREITOS
Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.
- Dereito a solicitar o acceso ós seus datos persoais.
- Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ó esquecemento).
- Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a negarse ó tratamento.
- Dereito á portabilidade dos datos.
Para exercer os seus dereitos ten que realizar unha solicitude por escrito e acompañala dunha copia do seu DNI.