O Concello de Narón vai desenvolver dous obradoiros xunto coa organización non gobernamental SEDRA- FPFE.
Os dous obradoiros programados son os seguintes:
“Fagamos un bo trato. Prevención e detección precoz da violencia sexual e de xénero en mulleres migrantes."
A nosa forma de pensar e sentir a sexualidade e a reprodución están influenciadas polos contextos socioculturais dos que procedemos. Por iso é fundamental a perspectiva intercultural.
Neste obradoiro traballaranse contidos básicos de sexualidade, relacións de parella e eróticas, perspectiva de xénero, conceptos chaves sobre violencia de xénero, estratexias para a detección precoz e a prevención da violencia de xénero e sexual que atinxe a mulleres migrantes, estratexias para intervención e derivación, recursos asistenciais en violencia de xénero.
Esta formación realizarase os días 14, 21 e 28 de novembro de 11:30 a 13:00 horas na Casa da Mocidade.
“Conéctate con cabeza”
Vivimos nunha sociedade dixitalizada na que o uso de internet e as novas tecnoloxías forman parte da nosa realidade cotiá. Por iso, como acontece con outros aspectos da nosa vida, a sexualidade está moi presente nas nosas redes sociais, nas webs que visitamos e nos nosos móbiles. Gozar da nosa sexualidade a través de internet converteuse nun acto habitual. Tanto é así que o feito de producir e compartir contidos sexuais ou eróticos en Internet xa ten nome: sexting. Unha práctica sexual que se realiza sobre todo a través do teléfono móbil e que se realiza tanto pola poboación nova e adolescente como por persoas adultas.
Este obradoiro está dirixido a mulleres adultas nos que se traballarán os seguintes contidos: mapa de sexualidade, erótica e novas tecnoloxías, sexting, pornografía, ciberxexo, ciber acoso, violencia dixital de xénero, aplicación para ligar, grooming, prevención de riscos, etc.
A formación será os días 10, 17 e 24 de novembro de 17 a 18:30 horas na Casa da Mocidade.