O Concello e a asociación de Loita contra o Maltrato (ALMAT) Asinan un Convenio

Publicado o 02 de Decembro de 2013

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Asociación de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT) asinaron un convenio de colaboración en materia de Igualdade.

O acordo establece unha achega económica de 2.000€ correspondentes a unha anualidade (de xaneiro a decembro de 2013) e a través do mesmo desenvolveranse diversos programas de interese social.

En concreto, a asociación ALMAT levará a cabo programas de atención e apoio ás mulleres vítimas da violencia de xénero, xa sexa doméstica, ou maltrato de calquera índole.

Máis concretamente, a entidade prestará atención ás persoas remitidas polo Servizo Sociocomunitario Municipal, nas seguintes áreas:

  •  Asistencia psicolóxica.
  • Asistencia xurídica.
  • Acompañamento das vítimas en cantas xestións deban efectuar coma consecuencia da súa situación.
  • Tramitación do ingreso en Casas de Acollida se fose necesario, ou recurso solicitado pola persoa vítima de violencia.

 

Facebook Almat: https://www.facebook.com/pages/Almat-Asociacion-de-loita-contra-os-malos-tratos/156142217767223

Blog Almat: http://asociacionalmat.blogspot.com.es/