Hai 24 prazas dispoñibles para as que haberá que cubrir e presentar a correspondente solicitude
O Obradoiro de Bricolaxe para mulleres é unha proposta incluída no Programa de Envellecemento Activo, que está dirixida a mulleres empadroadas en Narón e maiores de 18 anos.
Hai 24 prazas dispoñibles, que se outorgarán por orde de entrada A inscrición é de balde. no Rexistro Xeral do Concello, onde haberá que cubrir e presentar a correspondente solicitude.
As participantes neste obradoiro aprenderán nocións básicas de mantemento da vivenda para a realización de pequenas reparacións domésticas de bricolaxe, electricidade, fontanaría e outros traballos para o fogar, como:
- manexo de ferramentas e accesorios non profesionais e lixeiros (taladros,etc.)
- fontanaría (amañar unha cisterna, filtros efectivos, latiguillo do grifo)
- electricidade (detención de fallos eléctricos, selección de puntos de luz e toma de forzas, lámpadas baixo consumo)
- economía de agua,
- electricidade e telecomunicacións (boas prácticas para o aforro)
As participantes dividiranse en dous grupos de 12 persoas cada un, e os obradoiros terán unha duración total de 30 horas (divididos en 15 sesións de dúas horas cada unha).
Levaránse a cabo nos seguintes lugares e horarios:
- CC.CASAS DA MARIÑA: venres de 17:30 a 19:30 h
- CC. MANUELA PÉREZ: sábados de 17:30 a 19:30 h