Minuto de silencio pola moza asasinada en Lugo.

Publicado o 14 de Abril de 2016

Minuto de silencio ante o Concello para condenar o asasinato de Tatiana Vázquez Abuín

O alcalde, José Manuel Blanco, presidiu esta mañá un acto no que se gardou un minuto de silencio ante as portas da Casa Consistorial en sinal de condena do asasinato de Tatiana Vázquez Abuín. 

A moza, de 24 anos, apareceu acoitelada no interior dun vehículo en Lugo o pasado sábado e a súa exparella, Ibrahima Ndiaye, de 31 anos e orixe senegalés, presunto autor dos feitos, está en prisión provisional acusado de homicidio.

Á convocatoria acudiron tamén a edil de IgualdadeTeresa Sabio, e outros representantes da corporación local, así como persoal funcionario e interino do Consistorio naronés e algúns veciños e veciñas.

A corporación local recordou con este acto, que tivo lugar ás 12.00 horas, á vítima, ao tempo que manifestou a súa máis firme condena e repulsa á violencia de xénero.