O Concello de Narón e a promotora Costa Coruña, que oferta pisos protexidos en aluguer no Alto, firmarán un convenio de colaboración para dotar apartamentos a usuarios e beneficiarios da asociación Nosa Señora de Chamorro, que traballa co colectivo de discapacitados intelectuais.
O acordo que estivo ata o momento en estudo por parte dos servizos xurídicos do Concello, xa ten o visto bon, segundo sinalaba o alcalde de Narón José Manuel Blanco. Con esta aposta buscase ofertar pisos protexidos en aluguer no barrio do Alto, para os beneficiarios da asociación Nosa Señora de Chamorro, que traballa co colectivo de discapacitad intelectuais.Residencia interxeracionalO lugar elexido é a promoción de pisos protexidos en aluguer de Costa Coruña na urbanización de nova construción ubicada entre a autoestrada e a estrada de Castela, a escasos metros da zona administrativa de Narón.Trátase dun espazo residencial deseñado, nun primeiro momento, para fomentar a emancipación dos mozos ao ofrecer alugueres a prezos preestablecidos pola Administración galega, pero que xa empezan a ocupar tamén maiores de 65 anos nun proxecto que busca a integración de distintas xeracións.Nesta liña encaixa á perfección os socios de Nosa Señora de Chamorro que poden acceder a estes pisos, que contarían tamén co apoio constante da entidade.O alcalde José Manuel Blanco destacaba onte que, unah vez formalizado o convenio, concretarase o número de pisos que se destinarán a este fin. O Concello, pola súa parte, comprométese a aboar á promotora os custes de aluguer das vivendas que vaian a utilizar.