A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, entregou o 5 de xullo os diplomas ás alumnas que finalizaron con éxito tres cursos promovidos por esta delegación
Estes cursos se desenvolveron entre novembro de 2012 e xuño de 2013.
A edil escusou a ausencia do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, quen non puido asistir por atoparse en Madrid asinando no Ministerio do Interior a compra da Casa Cuartel da Garda Civil de Xuvia.
En total foron entregados 26 títulos, correspondentes a tres cursos:
- Obradoiro encamiñado a acadar a igualdade por medio da educación: orientado a acadar destrezas básicas en lectoescritura e o graduado en Educación Secundaria. En total entregáronse 14 diplomas deste curso desenvolvido na Casa da Mocidade de A Gándara.
- Obradoiro de organización e xestión persoal: nocións básicas de educación en igualdade, educación para a saúde, educación afectivo-sexual, alfabetización, educación cívica, e visitas guiadas por Narón. En total entregáronse 8 diplomas. As alumnas foron divididas en dous grupos, impartíndose o curso simultaneamente na Casa da Mocidade e no CRA de San Mateo.
- Obradoiro de destrezas básicas de confección: deseño e patronaxe, técnicas de costura a man e a máquina, técnicas de planchado e acabados, e técnicas de confección de señora e neno/a. Entregáronse 4 diplomas do curso desenvolvido no Centro Municipal de Formación de A Gándara.