O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2015
A Secretaría Xeral de Igualdade de la Xunta de Galicia convoca este concurso que ten como finalidade recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que contribuísen á defensa e difusión da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero.
Este concurso convócase en dúas modalidades: para profesionais do periodismo e para alumnado universitario.
Na modalidade para profesionais do periodismo outorgarase un premio ao mellor traballo informativo publicado, de forma individual ou colectivamente sobre a igualdade de xénero ou sobre o fenómeno da violencia de xénero. Para iso o xurado basearase en criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización, e apropiado tratamento informativo do tema. Os traballos deben ser orixinais e en galego; impresos, dixitais ou audiovisuais. A data de publicación destes contidos debe estar entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014, sendo o medio de comunicación de influencia no ámbito galego (xornais, raios, televisión ou páxinas web). A dotación económica é de 2000 €.
Na modalidade para o alumnado universitario poderán participar todos os alumnos ou alumnas con matrícula nas facultades galegas de Periodismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas durante o ano 2014. O premio outorgarase a aquel traballo de maior calidade, esforzo investigador e tratamento adecuado, dende unha perspectiva de xénero. Deben ser en galego; de tipo imprimido, dixital ou audiovisual e, aínda que non é indispensable, valorarase a súa publicación nalgún medio. A dotación económica é de 1000 €.
- O prazo de entrega remata o 30 de setembro de 2015
Para máis información:
- Clic no seguinte enlace: http://igualdade.xunta.es/gl/programas/concurso-comunicar-en-igualdade
- Descarga a documentación que acompaña esta noticia