Hoxe iluminarase a glorieta de Freixeiro polo Día Europeo contra a Endometriose

Publicado o 14 de Marzo de 2023
O Concello iluminará mañá a glorieta de Freixeiro de cor amalera con motivo do Día Europeo contra a Endometriose

O Concello iluminará hoxe a glorieta de Freixeiro de cor amalera con motivo do Día Europeo contra a Endometriose.

O Consistorio súmase con esta iniciativa á petición da Asociación querENDO mulleres con endometriose de dar visibilidade a esta doenza que, segundo indican, afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil.

A asociación querENDO constituíuse no ano 2015 e ten entre os seus obxectivos contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa das mulleres afectadas por endometriose e as súas familias, independentemente do grao ou estadío da súa doenza, tal e como aseguran. Dende o colectivo inciden na importancia de diagnosticar a enfermidade en estadios temperáns para evitar afectacións profundas na saúde e calidade de vida das mulleres.