Homenaxe a María del Carmen Lamas Sánchez, veciña de 103 anos de Narón, no Día Internacional das Persoas Maiores

Publicado o 13 de Outubro de 2016

Esta homenaxe tivo lugar con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas Maiores

O alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, presidiron o acto, acompañados por portavoces dos grupos da corporación local e familiares da homenaxeada.

A centenaria recibiu como agasallo unhas flores e algunhas publicacións do Concello de mans do alcalde e da edil de Promoción Social.

María del Carmen Lamas naceu en Serantes. Filla de Manuel Lamas e de Mercedes Sánchez, María del Carmen tivo un fillo e unha filla (falecida esta última a principios deste ano), e reside na actualidade cun dos seus netos –fillo da filla- na zona do Alto. Tivo catro netos (un tamén faleceu) e xa goza da compaña de cinco bisnetos, tal e como lles contou hoxe aos representantes do Concello.

María del Carmen asegurou tamén que é unha muller moi familiar e agradece os coidados que lle brinda a súa familia.Eu axudei sempre en todo o que puiden á miña familia e agora cóidanme eles a min, quérenme moito”, contou unha emocionada María del Carmen