eViacam é un ratón facial para todas aquelas personas que teñen dificultades no control do ratón convencional do ordenador podendo desfrutar e utilizar con facilidade as novas tecnoloxías
Enable Viacam (eViacam) é un programa de computador que substitúe a funcionalidade do rato permitindo mover o punteiro a partir do movemento da cabeza.
Funciona nun ordenador PC equipado cunha cámara web, sen elementos adicionais. eViacam está baseado no programa Rato Facial galardoado con varios premios.
Plataformas soportadas
- GNU/Linux
- Windows 2000/XP/Vista/7
Descargar e instalación
Para Windows a opción máis simple é descargar e executar o instalador.
Para Linux proporciónanse binarios .deb e .rpm pre-compilados e codigo fonte.
Pode consultar este artigo (en Português do Brasil ou a traducción ao galego) onde atopará instrucións adicionais relativas á compilación, instalación e uso de eViacam baixo GNU/Linux.
Instrucións de uso
Primeiro fai falta instalar e configurar correctamente a cámara web. É moi importante configurar a cámara en modo de exposición manual e axustar este parámetro para obter 25 fps ou máis de velocidade de captura. A maioría de cámaras modernas proporcionan ata 30 fps. Consulte o manual da cámara en caso necesario.
NOTA PARA LINUX: se utiliza unha cámara soportada polo controlador pwc (ex. algunhas cámaras baseadas no chipset de Phillips como a Logitech Quickcam PROL 4000, Creative Webcam 5 e outras) pode querer executar:
setpwc -f 30
antes de executar eViacam para configurar a velocidade de captura. Comprobe que ten permisos para acceder á cámara.
Unha vez instalado execute evicam (evicam.exe para Windows). O programa debe abrirse, detectar automaticamente a cámara e mostrar a imaxe en tempo real.
Sitúe a cámara para obter unha imaxe frontal da súa faciana. A anchura deste, á imaxe, debe ser aproximadamente un terzo da anchura do cadro. Fai falta centrar o rectángulo de seguimento (azulado) ao redor da súa faciana movendo a cámara ou desprazando o cadro co rato (clic na esquina).
Active a opción para iniciar a función de control desde o menú Ficheiro. Probe a mover a cabeza e observe o resultado. Pode axustar a sensibilidade (velocidade eixos X e Y) a través do diálogo de configuración. Debe poder facer chegar o punteiro a calquera lugar da pantalla.
Para facer clic só fai falta parar o punteiro sobre a localización desexada. Nuns instantes xerarase un clic de forma automática (este tempo de demora pódese axustar desde o diálogo de configuración). Utilice a ventá encastada da parte superior para escoller entre os diferentes tipos de clic.
Licenza
eViacam proporciónase baixo licenza GNU/GPL.