Convocatoria de axudas

Publicado o 19 de Maio de 2010

Publicáronse as axudas para "Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas"

Axuda/Subvención: Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

Organismo: Secretaría Xeral da Igualdade

Obxecto: Facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Prazas e duración: Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. As estadías terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo.

Requisitos das beneficiarias:

a) Ter fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos.

b) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.

c) Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI).

d) Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.


- Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan con idades comprendidas entre os dous e os doce anos, ambos inclusive.

Condicións económicas: Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correrán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade e do Servizo Galego de Igualdade.

Presentación de solicitudes:  As solicitudes poderán presentarse no rexistro de Igualdade, sito no edificio administrativo de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela,  na oficina de rexistro xeral do edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela ou nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, así como nos de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local. No caso de envío por correo, na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar farase constar, con claridade, o nome da oficina de correos e a data, o lugar, a hora e o minuto da súa admisión.

 
Prazo de presentación: do 12 de maio ao 11 de xuño de 2010, ambos incluídos.

Publicación: DOG Nº 88, Martes, 11 de maio de 2010

Secretaria xeral de Igualdade: Edif. Admtvo. San Lázaro, s/n 15781 Santiago De Compostela (A CORUÑA) Teléfono principal: 981 545 660