Programa de actividades polo 25 de Novembro
A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, está a desenvolver un variado programa de actos con motivo do 25-N, día para a eliminación da violencia de xénero.
Así, durante este mes de novembro pódese visitar na Biblioteca Municipal do Alto (de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16 a 21 horas, e os sábados de 10 a 13 horas) unha exposición de carteis do Concurso do 25-N.
Ademáis, o domingo 25 de novembro haberá unha concentración participativa, ás 12:00 horas na Praza de Galicia, organizada pola Marcha Mundial das Mulleres.
Do 26 ó 30 de novembro desenvolverase no Centro Comunitario das Casas da Mariña (de 17 a 19:15 horas) o curso “Autoprotección ante a violencia de xénero” organizado pola secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
E durante a última semana de novembro, e o 10 de decembro, desenvolveranse as seguintes sesións de videofórum e monólogos:
Data |
Actividade |
Hora |
Lugar |
Luns 26 de novembro |
Videoforum: contra a violencia de xénero |
18:30 |
Centro Cívico Social de Xuvia |
Martes 27 de novembro |
Videoforum: contra a violencia de xénero |
17:30 |
Local Veciñal de Pedroso |
Mércores 28 de novembro |
Monólogo: “No solo duelen los golpes” |
17:00 |
Auditorio Municipal |
Xoves 29 de novembro |
Videoforum: Narón-Shore (Paloma Palenciano) |
17:00 |
Casa da Mocidade |
Venres 30 de novembro |
Videoforum: contra a violencia de xénero |
17:00 |
Casa da Mocidade |
Luns 10 de decembro |
Videoforum: contra a violencia de xénero. |
17:00 |
Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”
|