Celebrasase o xoves 7 de Maio no Café Teatro do Prazo da Cultura
A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, abrirá mañá o prazo de inscrición para participar no "Obradoiro de Igualdade en materia de emprego" que se celebrará o xoves 7 de maio no Café Teatro do Pazo da Cultura, ás 20:30 horas.
Esta proposta forma parte do II Plan Municipal de Igualdade do Concello de Narón.
As persoas interesadas poderán presentar a solicitude do 22 ó 30 de abril (ambos incluidos) no Rexistro Xeral do Concello, en horario de mañá.
A inscrición é gratuita e hai un máximo de 25 prazas dispoñibles.
Este obradoiro está dirixido ó empresariado de Narón, asesorías fiscais, laborais e contables, e asociacións de comerciantes e empresariais. Consistirá nunha microsesión informativa (de 50 minutos de duración) na que se reflexionará sobre a corresponsabilidade social no eido empresarial. Os participantes tamén compartirán boas prácticas e experiencias en materia de Igualdade no eido laboral, que permitan a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
O obxectivo desta iniciativa é traballar a prol da Igualdade no emprego, sensibilizando ó empresario das vantaxes da Igualdade e erradicando os estereotipos de xénero nesta materia.