"Coidando á coidadora": Apertura do prazo de inscrición

Publicado o 24 de Setembro de 2015

A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, anunciou a apertura do prazo de inscrición, dende mañá ata o 30 de setembro, no obradoiro Coidando á coidadora

A concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, anunciou a apertura do prazo de inscrición, dende mañá ata o 30 de setembro, no obradoiro Coidando á coidadora, enmarcado no II Plan de Igualdade do Concello de Narón.

 

  • Os destinatarios desta iniciativa son homes e mulleres coidadores/as non profesionais a partir de 18 anos.
  • As persoas interesadas deben anotarse no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.00 horas-, presentando a instancia correspondente xunto cunha fotocopia do D.N.I.
  • As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición e a concesión das mesmas comunicarase por teléfono ás persoas que obteñan unha das quince dispoñibles
  • O obradoiro Coidando á coidadora desenvolverase entre o 2 de outubro e o 18 de decembro, os venres, en horario de 18.30  a 20.30 no Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”.

 

As sesións permitirán aos participantes adquirir habelencias básicas e de reforzo psicolóxico para coidadoras non profesionais de persoas dependentes, tal e como apuntou a edil de Promoción Social.

Entre os obxectivos destes obradoiros están, recordou Teresa Sabio, contribuír ao desenvolvemento persoal e benestar das persoas dependentes; mellorar os seus recursos para potenciar o seu autocoidado e aumentar a súa formación e habilidades para poder atender a dependentes.

As clases dividiranse en catro bloques:

 

  1. Estratexias de autocoidado
  2. Estratexias para afrontar situacións difíciles
  3. Emocións e sentimentos
  4. Estratexias para mellorar a comunicación

 

  • As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario, chamando ao teléfono 981 337 700 (ext. 1113 e 1115).