Este obradoiro forma parte do II Plan de Igualdade de Narón
A Concellería de Igualdade de Narón -que dirixe a edil Teresa Sabio- en colaboración coa Deputación da Coruña, organizou onte día 31 un Obradoiro de Habilidades de Planchado de Roupa.
A cita tivo lugar de 17:00 a 18:30 horas, na Praza da Gándara. Esta iniciativa forma parte do II Plan de Igualdade de Narón, que fomenta a posta en marcha de políticas integrais de promoción da igualdade no municipio.
Os obxectivos deste obradoiro son os seguintes:
- Fomentar sensibilidades e asumir públicamente roles de corresponsabilidade ós homes participantes nos obradoiros de rúa.
- Orientar e aplicar coñecementos concretos sobre tarefas de corresponsabilidade.
- Lograr unha maior participación dos homes xoves no seu papel como compañeiros, pais ou futuros pais e cuidadores no ámbito doméstico e familiar.