Aberto o prazo de matrícula para os que inician a etapa escola

Publicado o 01 de Marzo de 2019

Ofértanse este ano un total de 374 prazas

 

 

Os centros de ensino púbicos e concertados da cidade ofertan este ano un total de 374 prazas para nenos e nenas de 3 anos (nados en 2016), que inician a súa etapa escolar. Así o anunciou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, que recordou ás familias que desde hoxe, e ata o vindeiro día 20 de marzo, os pais e nais poden dirixirse aos colexios da cidade para matricular aos menores. A edil naronesa incidiu en que recentemente o Concello presentou unha nova páxina web: buscocole.naron.es , en donde se ofrece información sobre os centros de referencia en función dos domicilios dos nenos e nenas.

O número de prazas ofertadas nos centros é de 50 no da Gándara e outras tantas no da Solaina e no Santiago Apóstol; 39 no Feal, 25 nos de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, Ayala, Jorge Juan e no CRA de Domirón e do Val; e 10 na escola de Pedroso/Sedes (CRA).

“Esta mesma semana tivo lugar unha reunión no Auditorio municipal na que os directores e as directoras dos centros educativos de Infantil e Primaria explicaron ás familias os servizos e programas de cada un deles, se ben está dispoñible a nova web municipal, Buscocole, para consultar información sobre os colexios da cidade a través da rede ou facilitando o contacto de cada un deles por se xurdiran dúbidas de última hora”, explicou Taibo.