Organizada pola Concellería de Igualdade de Narón e a Asociación de Veciños de O Val, esta xornada celebrarase o vindeiro sábado 24 de maio
A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, e a Asociación de Veciños de O Val veñen de organizar unha “Xornada de Defensa Persoal Feminina”. Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación de Loita contra os malos tratos ‘Almat’ e Tai-Jitsu ‘Aesnit’.
- Data: sábado 24 de maio
- Lugar: Local Social Municipal de O Val
- Horario: de 11 a 13 horas
Introducirán a xornada Teresa Sabio, Concelleira de Igualdade de Narón, e Mª del Carmen López, psicóloga especialista en atención a mulleres vítimas da violencia de xénero.
Posteriormente será Javier Naveiras, profesor de Tai-Jitsu do centro "Aesnit", quen se encargue de desenvolver a charla.
A entrada é de balde, pero precísase inscrición previa para asistir. As interesadas poden contactar no Local Social de O Val, ou chamando ó teléfono 981 36 35 11.