Semana Mundial da Lactancia Materna

Publicado o 14 de Xullo de 2010

Do 1 ao 7 de agosto celébrase en máis de 120 países a Semana Mundial da Lactación Materna, destinada a fomentar a lactación materna, ou natural, e a mellorar a saúde dos bebés de todo o mundo

1-7 de agosto


Do 1 ao 7 de agosto celébrase en máis de 120 países a Semana Mundial da Lactación Materna, destinada a fomentar a lactación materna, ou natural, e a mellorar a saúde dos bebés de todo o mundo. Segundo a Alianza Mundial pola Lactación Materna, coordinadora dos eventos, a lactación natural é o mellor modo de proporcionar ao recén nacido os nutrintes que necesita. A OMS recoméndaa como modo exclusivo de alimentación ata o seis meses de idade.


Coa Semana Mundial conmemórase a Declaración de Innocenti, formulada por altos cargos da OMS e o UNICEF en agosto de 1990 co fin de protexer, promover e apoiar a lactación materna.

Ligazóns vinculadas