A compañía Pentación Espectáculos representa a obra "La asamblea de las mujeres" no Pazo da Cultura de Narón, o 19 de novembro
uan Echanove estreouse como director en Mérida con esta comedia escrita por Aristófanes no ano 392 a. de C. e versionada nesta ocasión por Bernardo Sánchez, que expón unha hilarante revolución feminina liderada por Praxágora.
A obra relata unha revolución feminina encabezada pola protagonista, Praxágora, que apoiada por outras mulleres de Atenas, participa nun golpe de estado no Parlamento para facerse co Goberno. Lolita lidera a revolución como Praxágora, un papel co que debutou no Festival de Mérida. Algúns dos seus compañeiros e compañeiras asumen diferentes roles ao longo da historia:
- Pastora Vega encarna a Clytia.
- María Galiana a Althea.
- Pedro Mari Sánchez dá vida ao marido de Praxágora, Blipero.
- Concha Delgado é Lavinia.
- Sergio Pazos interpreta a Cremes.
- Santiago Crespo a un cliente de prostíbulo.
- Bart Santana a un cidadán.
A través da obra trátase de facer unha crítica a situación política contemporánea e os seus paralelismos coa Grecia actual. Tamén hai un espazo para a esmorga e as chirigotas de Entroido.
- A venda de entradas está dispoñible no portal do Padroado de Narón, a través do seguinte enlace: https://www.padroadodecultura.es/gl/compra_listado.