Actividades, recursos e servizos para as vítimas da violencia de xénero.
Hoxe en día son moitas as rapazas que sofren violencia e non dan o paso de buscar axuda.
No Concello de Narón desenvólvese todos os anos un programa que conta con actividades de sensibilización e prevención para traballar con toda a comunidade, ó longo do ano. Realízanse, entre outras actividades:
- Obradoiros de corresponsabilidade
- Obradoiros de coeducación
- Obradoiros de educación afectivo-sexual
- Asesorías de sexualidade nos I.E.S de Narón
- Campaña de persoal senlleiro
- Sensibilización contra micromachismos para adolescentes
- Xornadas de impacto da violencia nas mulleres con diversidade funcional
Estas mulleres vítimas de malos tratos, deben ser conscientes de que tamén teñen á súa disposición varios números de teléfono onde se lles proporcionará a axuda requirida:
- Urxencias e Emerxencias: 112
- No Concello de Narón: Servizo sociocomunitario municipal ( Praza de Galicia nº 1, 15570 Narón ou teléfono 981337700 ext 1108 ou 607603442 (24 horas), onde poderán informarte e asesorarte de balde ofrecéndoche: Atención xurídica - Atención psicolóxica - Atención social
- Na asociación ALMAT de loita contra os malos tratos sita en Ferrol na Avenida de Castelao S/N, local 5, 15406 Ferrol ou no teléfono 607603442 (de atención 24 h)
- No CIM de Ferrol no teléfono 981944124
- No teléfono de Información e orientación xeral sobre a violencia de xénero: 016
- Se tes discapacidade auditiva: 900 11 016
- Policía Nacional: 091
- Garda Civil: 062. Pedir falar co EMUME (Equipo de Muller e Menores)
Contan tamén, cun número específico para elas : “Teléfono da Muller” 900 400 273 , un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día. O principal obxectivo é o de asesorar sobre varias cuestións relacionados con, por exemplo: separacións, malos tratos, acoso sexual, discriminación laboral, permisos de maternidade e paternidade, políticas de igualdade, programas para mulleres desfavorecidas… Cabe saber, que esta liña telefónica está dispoñible en varias linguas.