Recursos da acción colectiva En Negro contra as violencias

Publicado o 02 de Abril de 2020

Sensibilización da cidadanía sobre a prevención da violencia de xénero

 

 

O Concello de Narón informa á sociedade en xeral da necesidade de manter activas todas as alarmas para, durante o estado de alarma, evitar posibles casos de violencia de xénero. Dende a acción colectiva En Negro contra as violencias, de sensibilización social contra as violencias machistas, recordaron que as persoas que precisen axuda ante situacións deste tipo deben chamar aos números de teléfono habilitados para tal fin, o 112 e o 016 co fin de denunciar este tipo de delitos.

Entidades e particulares que o desexen poden colaborar na campaña impulsada dende o colectivo En Negro contra as violencias difundindo e visibilizando o material específico que se pode descargar nos enlaces:

https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl/descargas/xenericas  

https://ennegrocontraasviolencias.gal/es/novedades/no-podemos-enmudecer-en-el-confinamiento 

Entre o material ao que se pode acceder dende os mesmos, está o rótulo “A veciña contra as violencias”, pensado para colocar nun lugar visible das nosas vivendas e no que se pode escribir un nome e un teléfono ou mail por se alguén precisa falar ou contactar con outras persoas por estar vivindo unha situación de violencia de xénero. Esta é unha das iniciativas que se impulsan a través da campaña En Negro contra as violencias mentres estea en vigor o confinamento decretado polo estado de alarma debido ás medidas de prevención para frear o avance do Covid-19.

A medida responde, tal e como se explicou dende o colectivo, a que o estado de alarma no que nos atopamos “coloca nunha situación extremadamente delicada a moitas mulleres que teñen que convivir co seu agresor”, sinalan, e co fin de evitar que se repunten os casos de violencia de xénero debido a este fin.