O obxectivo é poñer en valor as experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como investigacións educativas que contribúan a previr e erradicar as condutas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz
O Ministerio de Educación convoca en réxime de concorrencia competitiva, os "Premios IRENE: A paz empeza na casa" para o ano 2010 dirixidos a colaborar, dende o sistema educativo, coa erradicación da violencia e a promoción da igualdade real entre mulleres e homes.
Premiaranse experiencias educativas, materiais curriculares e de apoio, así como investigacións educativas que contribúan a previr e erradicar as condutas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, co obxectivo de desenvolver estratexias de convivencia igualitaria entre mulleres e homes. Os traballos deberán terse realizado durante os dous anos anteriores a esta convocatoria e ter repercusión na teoría e/ou práctica educativa.
REQUISITOS
1. Profesorado e profesionais da educación que exerzan a súa actividade en centros de ensino españois, públicos ou privados, que estivesen en activo durante a realización do traballo que se presenta a concurso e que non estean incursos en ningunha das circunstancias reguladas no artigo 13.2 e 3 da Lei 38/2003, Xeneral de Subvencións. Así mesmo, tamén poderán participarprofesionais da educación externos ao centro de ensino, cando a experiencia responda a unha necesidade deste e sexa asumida polo profesorado.
2. Alumnado escolarizado en centros de ensino españois, públicos ou privados, no momento de realización do traballo que se presenta a concurso. Neste caso, poderanse presentar un máximo de tres traballos seleccionados por cada centro que virán avalados polo equipo directivo como idóneos para a súa participación neste concurso.
A presentación do traballo farase mediante un profesor ou profesora do centro que terá exercido as funcións de coordinación deste, o cal se acreditará por parte do equipo directivo.
3. Non poderá participar o persoal que tivese durante os tres anos inmediatamente anteriores a esta convocatoria calquera tipo de relación laboral co Instituto de Formación do Profesorado, Investigación e Innovación Educativa (IFIIE). Os que gozasen dunha bolsa no IFIIE non poderán optar aos premios durante o ano seguinte á finalización da súa bolsa.
PRAZO
O prazo finalizará o 20 de setembro de 2010.
INFORMACIÓN
BOE do 27 de maio de 2010