A primeira base nacional de datos de mulleres expertas para os medios de comunicación
“Plataforma Expertas” é a base de datos máis completa e actualizada, onde se pode acceder ás profesionais máis destacadas nos diferentes sectores. Máis de 200 mulleres especialistas en múltiples campos puxéronse a través desta iniciativa a disposición dos medios de comunicación.
Un proxecto impulsado por diferentes Asociacións e Federacións de ámbito Nacional de Mulleres Directivas, Empresarias e Profesionais, liderado por WomenCeo.
Para os medios de comunicación seralles moi útil xa que poderán acceder ás mellores expertas de cada sector para incluílas en debates, entrevistas, reportaxes…
Se te queres poñer en contacto con unha experta, rexistrarte como tal ou coñecer algunha delas, é aquí onde o podes facer: https://www.plataformaexpertas.com/es