Obradoiro gratuito de Confección de Roupa para Mulleres

Publicado o 22 de Novembro de 2013

A Concellaría de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, mantén aberto o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Confección, dirixido a mulleres a partir de 18 anos de idade empadroadas en Narón

Actualmente quedan 12 prazas dispoñibles, e a matrícula é gratuita. As interesadas poden inscribirse no Servizo Sociocomunitario Municipal, en horario de mañá.

As clases impártense de luns a venres, de 9:30 a 12:30 horas, no Centro Municipal de Formación de A Gándara.

Obradoiro de Confección de Roupa ten unha duración de sete meses de formación práctica (de novembro de 2013 a maio de 2014) nos que as alumnas serán bolsistas (recibirán dietas de desprazamento, sempre que cumpran cun mínimo de asistencia) do Concello.

Os obxectivos concretos deste curso son os seguintes:

  • Contribuir a unha mellora na integración sociolaboral de mulleres en risco social.
  • Dotar ás alumnas dos coñecementos necesarios para o desenvolvemento da actividade textil de modo que adquiran novas capacidades para satisfacer as necesidades de mercado, tanto de particulares coma de empresas. Concretamente, arreglos e composturas de toda clase de prendas, así coma pedidos en serie tales coma uniformes, disfraces ou traxes típicos.
  • Capacitar ás alumnas nunha profesión con acceso ao mercado de traballo, para despois asistilas no seu proceso de busca de emprego e facer contacto con empresas do sector.