A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, está a organizar unha nova edición do Obradoiro Gratuito de Cociña Corresponsable
A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, está a organizar unha nova edición do Obradoiro Gratuito de Cociña Corresponsable, dirixido a homes do municipio que desexen aprender a organizar a compra, a alimentación e a limpeza na cociña.
A través destes talleres, os participantes aprenderán a elaborar receitas saudables e sinxelas, manipular alimentos e útiles de cociña, limpeza doméstica, organización da compra, técnicas e preparación de alimentos, e formas de organizar un menú.
Os obradoiros impartiranse simultáneamente no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (A Gándara) e no Centro de Maiores das Casas da Mariña (O Alto) e terán unha duración de 24 horas divididas en seis xornadas: 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de decembro (os venres e os sábados as clases serán de 16:30 a 20:30 horas).
As solicitudes para participar poden presentarse na oficina do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, en horario de 9:30 a 13:00 horas, ou chamando ós teléfono 981 102 152 ou 671 383 575. O único requisito para inscribirse é ser maior de idade e existen 20 prazas dispoñibles (10 en cada grupo).