O Concello abre o prazo para inscribirse o día 2 de decembro
O Concello de Narón ven de abrir o prazo para inscribirse no Obradoiro gratuito de Alfabetización Dixital, dirixido a mulleres, Trátase dun curso que pretende achegar ao mundo das novas tecnoloxías e a informática ás usuarias que non teñen acceso.
Abórdanse aspectos moi básicos da informática en diferentes niveis de complicación.
Os obxectivos deste Obradoiro de Alfabetización Dixital son os seguintes:
- Ampliar o nivel de coñecemento de redes sociais, fotografía dixital e sistemas de comunicación por videoconferencia gratuítos.
- Poñer a disposición das mulleres recursos formativos ao longo do seu ciclo vital.
- Utilizar de xeito optimizado os navegadores e buscadores de redes.
Estos cursos desenvolveranse na Aula CEMIT (situada na praza do antigo Concello, en Xuvia) e diríxense a mulleres entre 16 e 60 anos.
O número máximo de participantes é de 40 persoas, e dividiranse en grupos máximos de 10 persoas.
Os cursos comenzarán no mes de decembro, no seguinte horario:
- Local Social Municipal de Sedes: martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.
- Local Social Municipal de O Val: martes e xoves de 18:30 a 20:30 horas.
- Aula CEMIT de Xuvia: martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas.
As clases terán unha duración de 4 horas (divididas en 2 sesións de 2 horas cada unha).
As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral Municipal a partires do luns 2 de decembro.
Este curso está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Narón, e conta coa subvención da Deputación da Coruña.