O Punto Violeta de Narón permanecerá instalado hoxe nas inmediacións do centro de saúde do Val.
Dúas persoas atenderán o servizo en horario de mañá, de 9.00 a 13.00 horas, para informar ás persoas que se acheguen sobre a importancia da loita contra a violencia machista e tamén sobre as ferramentas dispoñibles nas diferentes administracións para erradicar esta lacra social e atender ás vítimas.
O Concello de Narón instalou nas últimas semanas o Punto Violeta en diferentes ubicacións da cidade e en eventos donde se preveía unha gran asistencia de público. Tras percorrer diferentes espazos, nos últimos días xunto aos centros de saúde do Alto e Pedroso, o Punto Violeta continuará a súa itinerancia en espazos que se anunciarán previamente dende o Consistorio.
O Punto Violeta de Narón púxose en marcha a través dunha subvención concedida polo Ministerio de Igualdad (Pacto de Estado contra la violencia de género).