O vestíbulo do Pazo da Cultura de Narón acolle durante esta semana os murais realizados por escolares de Primaria dos colexios de Narón, con motivo da celebración do 25 de novembro, Día internacional contra a Violencia de Xénero.
Trátase dunha serie de traballos nos que os estudantes plasman de xeito gráfico os estereotipos masculino e feminino, ó tempo que reclaman igualdade para ambos sexos.
A mostra pode visitarse en horario de mañá e de tarde. Entre o público que xa ten visitado a mostra, pasou unha representación do Concello de Narón, encabezada polo Alcalde, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio. Tamén estiveron olleando os murais os concelleiros do grupo de goberno Catalina García, Mª del Mar Gómez e Mario Isasi.
Esta actividade forma parte da programación do Concello de Narón para conmemorar o 25-N, ó mesmo que a Marcha Ciclista pola Igualdade celebrada no día de onte, e na que participaron medio millar de escolares do municipio.