O Concello inicia a programación de verán na Ludoteca Municipal de A Solaina, aberta a todos os nenos/as

Publicado o 01 de Xullo de 2010

Durante os meses de xullo e agosto e os primeiros días de setembro, este espacio lúdico e educativo abrirá as suas portas en horario de 10:30 a 14:00 horas de luns a venres, e as tardes dos mércores de 17:30 a 20:00 horas

A Concellería de Infancia de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada Cortizas, ven de iniciar o programa de actividades da Ludoteca Municipal de A Solaina para este verán. Durante os meses de xullo e agosto e os primeiros días de setembro, este espacio lúdico e educativo abrirá as suas portas en horario de 10:30 a 14:00 horas de luns a venres, e as tardes dos mércores de 17:30 a 20:00 horas.

A Ludoteca Municipal de A Solaina é un servizo público e gratuito, dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Ademáis, @s nen@s de 2 anos poden acudir acompañados dun adulto, nos horarios de xogo libre. Todos os socios e socias deben respetar os horarios segundo a súa idade, de forma que poden acudir á ludoteca un máximo de 5 horas semanais repartidas en 3 días.

O obxectivo da ludoteca é utilizar o tempo de lecer e o xogo como estratexias de intervención socioeducativa e así contribuir ó crecemento harmónico da personalidade dos nenos e nenas. Ademáis, a Ludoteca Municipal de A Solaina promove a educación en valores coma a igualdade, a cooperación, a solidaridade, a participación e o respeto ós demáis, utilizando sempre o xogo coma elemento metodolóxico.

Para poñer en práctica estos principios, a Ludoteca ofrece os seguintes obradoiros para este verán:
 

  • Debuxo e pintura (témperas, acuarelas, ceras, lápiz e pintura de dedos).
  • Manualidades (goma-eva, papiroflexia, barro, e elaboración de xogos e xoguetes con materiais de refugallo).
  • Maxia.
  • Experimentos e xogos científicos.
  • Xogos populares.
  • Xogos de mesa (axedrez, damas, camipionatos de parchís)
  • Música e baile
  • Contacontos

Facerse socio/a da Ludoteca é moi sinxelo. Os pais e nais unicamente deberán cubrir dous impresos que se entregan nestas instalacións, e adxuntar unha fotografía tamaño carnet do neno ou nena que se quere inscribir.