As persoas asistentes gardaron 5 minutos de silencio
Responsables políticos municipais, funcionarios e persoal laboral do Concello de Narón saíron hoxe á Praza de Galicia para secundar unha concentración silenciosa, en repulsa polo último asasinato dunha muller a mans da súa parella, acontecido na zona de O Pino, perto de Lavacolla, onde onte apareceu o seu cadáver.
Os asistentes, entre os que se atopaba un grupo de mulleres de etnia xitana que asisten ós cursos organizados polo Concello, gardaron cinco minutos de silencio en sinal de duelo pola víctima, e de condena á violencia de xénero.