O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da Asociación Patronato Concepción Arenal, Beatriz Dorrio, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Igualdade, acompañados pola concelleira da área, Teresa Sabio
O obxecto deste acordo é desenvolver actividades no ámbito da promoción social e da igualdade. En concreto, o presente convenio permitirá as seguintes accións:
- Poñer a disposición do Concello de Narón o centro de acollida do Patronato para o acollemento temporal de mulleres, soas ou acompañadas dos seus fillos, que sofren situación de violencia e/ou exclusión social.
- Prestar atención psicolóxica, social e xurídica a través dos propios recursos do patronato.
- Intervención nas áreas convivencial e familiar, educativa-labora, de saúde e socioeconómica.
- Seguimento e apoio ás mulleres que residiron no Patronato.
O Concello de Narón, pola súa banda, fará unha achega económica de 1.000 e prestará asesoramento do Servizo Sociocomunitario Municipal en todo o relacionado cos programas a desenvolver, co seguinte persoal:
- 1 técnico en xestión de servizos.
- 1 administrativo/a.
- 1 educador/a social.
- 1 avogado/a.
- 1 técnico de xestión de programas.
- 1 técnico de xestión financeira.
O convenio ten unha vixencia anual, correspondente ó período entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014.