A Concellería de Igualdade promove unha nova edición do programa ‘Impulsa’ a través dun partido de fútbol mixto no Campo de O Val
A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, promove mañá venres 8 de febreiro ás 20:30 horas, un partido de fútbol mixto no Campo de fútbol da S.D. O Val, no que participarán 16 xogador@s. Repartiranse en dous equipos mixtos, que disputarán dous tempos de 20 minutos.
Tras o partido, realizarase unha tertulia coordinada por unha educadora social, sobre as sensacións percibidas e co obxectivo de evidenciar a situación de feito. Esta iniciativa forma parte do programa ‘Impulsa’ e denomínase “A igualdade no fútbol”.
A través desta acción experimental –que xa se realizou noutra ocasión- dirixida a grupos mixtos de mocidade posibilítase a analise de cuestións coma os estereotipos de xénero, os mitos, a discriminación, ou a visibilidade das mulleres no fútbol. Ademáis, prantéxase un modelo no que se den unhas relacións de xénero máis simétricas, no que tanto homes como mulleres síntanse a gusto e teñan as mesmas oportunidades de expresarse.
O obxectivo deste obradoiro é reflexionar sobre os dereitos das mulleres e impulsar a educación en igualdade a través do fútbol.