Apróbase en pleno ordinario unha moción a favor da defensa dos dereitos das mulleres
A Corporación Municipal de Narón aprobou onte, día 25 de outubro, en sesión plenaria ordinaria unha moción para a defensa dos dereitos das mulleres e da liberdade de decisión sobre a súa maternidade.
Segundo o texto da moción o Concello de Narón comprométese a defender os dereitos das mulleres e manifestarse contra a derrogación da Lei Orgánica 2/2010, de 3 marzo, de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, que garante para elas a libre decisión sobre a súa maternidade.
A reforma da Lei de Interrupción do Embarazo anunciada polo Ministerio de Xustiza elimina o suposto de malformacion do feto para permitir o aborto voluntario. Actualmente a Lei só permite abortar ata a semana 14 de embarazo, pero alonga o prazo catro semanas máis no caso de malformación.