A Concelleira de Educación e coordinadora do Servizo Sociocomunitario Municipal, Mª del Carmen Espada, presentou o 21 de decembro en rolda de prensa o prograna “Narón-activación comunitaria” que se desenvolverá en tódolos barrios e parroquias de Narón
Para levar a cabo este programa, deberá haber un mínimo de 10 persoas inscritas en cada actividade (8 persoas no caso das actividades na zona rural).
O programa de activación comunitaria consta dunha serie de obradoiros e actividades pensadas tanto para nenos/as coma para adultos.
Estas actividades son as seguintes:
- Obradoiros de contacontos ou lectura con xogo de pistas.
- Obradoiro de corresponsabilidade con xogos e tarefas.
- Obradoiros de xogos populares interxeneracionales.
- Obradoiros de nutrición lúdica sen cociña.
- Obradoiros de elaboración e customizado de camisetas.
- Obradoiro de graffiti, muralismo e “pegatas”.
- Obradoiro de cantigas populares e música moderna para xóvenes.
- Paseos e sendeirismo no barrio para coñecer as construcións antigas e lendas urbanas e rurais.
Calqueira destas actividades será desenvolvida en función do interese que teñan as persoas e do número de inscritos. Realizaranse en tódalas parroquias e barrios do concello onde se acade o número suficiente.
Cando o tempo non permita realizar as actividades no exterior (en prazas públicas), éstas se trasladarán ós Locais Sociais Municipais, á Casa da Mocidade e ós Centros Comunitarios de persoas maiores (Casas da Mariña e Manuela Pérez Sequeiros).
Hai dúas formas de participar:
- A través de grupos xa formados (como as escolas de familia, actividades extraescolares, talleres de corresponsabilidade, obradoiros de participación cidadá, grupos de música xove…) que son contactados polos propios monitores ou educadores cos que traballan.
- En tódolos locais sociais municipais, as persoas interesadas poderán conectar a través das asociacións ou directamente cos educadores que organizan as actividades.
“Narón-activación comunitaria” é unha actuación integrada de recursos e medidas sobre educación, igualdade, participación cidadá, divulgación dos recursos culturais e turísticos, mocidade e interxeneracionalidade, e divulgación de recursos públicos. Trátase dunha aposta común das persoas cos recursos municpais, e representa un importante reto e esforzo de coordinación xa que neste programa interveñen as seguintes concellerías:
- Educación e Coordinación Sociocomunitaria
- Igualdade e Promoción Social
- Participación Cidadá e Acción Social
- Turismo
- Mocidade e Deportes
- Formación Laboral e Emprego, e Feiras e mercados.
- Medio Ambiente.
As responsables das catro primeiras concellerías compareceron xuntas en rolda de prensa, para animar ás persoas a participar neste programa e destacar a boa sintonía e colaboración existente no goberno municipal de Narón.