Minuto de silencio polo último asasinato por violencia de xénero

Publicado o 28 de Xaneiro de 2020

Repulsa e condena á violencia de xénero no concello de A Pastoriza

 

 

O Concello acolleu onte, ás 12.00 horas, un novo acto de repulsa á violencia de xénero para condenar o asasinato, o sábado, dunha muller no concello lucense de A Pastoriza (Lugo), presuntamente a mans do seu home. O alcalde acc. Guillermo Sánchez Fojo estivo na concentración acompañado pola concelleira de Igualdade, Mar Gómez, representantes da corporación local, persoal funcionario e interino do Concello e veciñas e veciños de Narón.

As persoas asistentes gardaron un minuto de silencio para recordar ás vítimas da violencia de xénero, para amosar as súas condolencias a familiares e amizades da muller asasinada e condenar esta lacra social. A maiores, como é habitual neste tipo de actos, desplegouse unha pancarta, que portaron representantes do goberno local, co lema “Narón contra a violencia de xénero”.

Manuela Iglesias Fernández, de 79 anos, recibiu unha coitelada no seu domicilio na parroquia lucense de A Pastoriza, donde a atoparon morta xunto co seu home, tamén sen vida.

Desde o Concello de Narón condenouse unha vez máis a violencia en xeral e, en particular, a de xénero, unha lacra social que é preciso erradicar.