O Concello acolleu este mediodía unha concentración.
O Concello acolleu este mediodía unha concentración na que se gardou un minuto de silencio ante a porta principal en repulsa do presunto feminicidio rexistrado o pasado xoves en de Barro, Pontevedra. O primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, outros representantes da corporación local e do persoal do Consistorio acudiron á convocatoria para amosar a súa condena ao suceso que a pasada semana lle custou a vida a Jéssica Méndez Iglesias, unha moza de 29 anos que faleceu un día despois de que José Eirín, veciño da vítima e de 41 anos, embestise o seu vehículo contra o que conducía ela.
Eirín está en prisión comunicada sen fianza tras decretarse este luns o seu ingreso, acusado de homicidio. Segundo diversas fontes a muller era presuntamente acosada polo detido.