Maratón de lectura de mulleres no Concello de Narón

Publicado o 22 de Abril de 2010

Dentro do Foro de cidadás no Concello de Narón celebrarase esta actividade o próximo 28 de abril ás 17:00 horas

FORO DE CIDADAS NO CONCELLO DE NARÓN I PLAN DE IGUALDADE PARA AS MULLERES DE NARÓN.

O 28 de abril ás 17:00 horas celebrarase na Biblioteca municipal un maratón de lectura de mulleres.

Obxectivo xeral da actividade

Con motivo da posta en marcha do I Plan de Igualdade para as mulleres de Narón, o Concello pon en marcha o Foro de cidadás para fomentar a participación das mulleres na vida social e política, dada importancia que ten a voz das mulleres no eido destes asuntos. A finalidade do foro é a de ofertar un espazo de comunicación para as mulleres, onde establecer redes de apoio mutuo, compartir experiencias e intercambiar opinións, ademais de server de nexo entre as demandas das mulleres e o propio concello, fomentando así a cidadanía activa das mesmas, pasando de ser o obxecto das políticas públicas a suxeito das mesmas co exercicio dos seus dereitos.


Título: Maratón de lecturas de mulleres


Observacións: Para aquelas mulleres que teñan ó seu cargo a  persoas dependentes ou menores, ofertase un servizo de atención que funcionará durante o tempo que dure o Foro, deberán  solicita-lo no Concello no teléfono 981337700 extensión 1113 con 4 días de antelación.