Igualdade na Tecnoloxía: a importancia das mulleres nas TIC

Publicado o 27 de Agosto de 2013

O sector das TIC é unha das industrias de maior crecemento a nivel mundial, e as suas funcións encóntranse entre as mellores pagadas do mundo, pero non toda a poboación se está a beneficiar

Só o redor do 26% dos 2,7 millóns de persoas no sector europeo das TIC son mulleres. Isto ten implicacións para a economía, a sociedade e a innovación futura.

O feito de que as mulleres queden fora dos postos de traballo ben pagados, provoca unha desigualdade, un brecha salarial de xénero. Según Neelie Kroes, Vice-Presidenta da Comisión Europea, as funcións das TIC poden axudar nisto: “Hoxe a brecha salarial de xénero é equivalente as mulleres que traballan 59 días o ano de forma gratuita, e as TIC é unha maneira de poñerse o día. As mulleres no sector das TIC gañan un promedio de 9% máis que as mulleres en postos similares noutros sectores”.

O obxectivo número 3 dos United Nations Millennium Development Goals para o 2015 é promover a igualdade entre xéneros e o empoderamento das mulleres.

A tecnoloxía é imaxinada e deseñada por unha poboación maioritariamente masculina, polo que se está a perder un 50% das posibles aportacións que poideran provir do sector feminino. A chave para acadar unha maior presenza da muller neste territorio "masculino" é a educación da xente máis nova, en particular, a das propias nenas. A educación das rapazas debe evitar que adquiran o estereotipo sobre os traballos TIC que nos di que son exclusivos de homes, frikis e programmers.

Nos países onde a discriminación de xénero é relativamente baixa, as nenas teñen o mesmo nivel de rendemento en matemáticas que os nenos. Son os factores culturais, sociolóxicos, económicos e outros os que están tendo un impacto negativo na participación das mulleres nas TIC.

Debemos educar ás rapazas na idea de que unha carreira no eido das TIC é posible para elas, de que poden ser mulleres de éxito nese sector e que teñen a capacidade e o poder de elexir o seu futuro.

(Fonte: http://www.ecdl.org/blog_post.jsp?blogID=1&a=4694).