Exeria

Publicado o 10 de Agosto de 2010

Exeria é unha aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso da non sexista linguaxe. Exeria detecta os termos que poden ter unha utilización sexista e propón diferentes suxestións para a mellora destes usos

Exeria é unha aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso da non sexista linguaxe. Exeria detecta os termos que poden ter unha utilización sexista e propón diferentes suxestións para a mellora destes usos.


O obxectivo principal é orientar na revisión da documentación para xerar discursos onde a linguaxe teña un carácter inclusivo.


A selección de termos está baseada nun uso actual da lingua apoiándose na análise dos textos da Administración.


Unha das principais características de Exeria é partir dunha tecnoloxía aberta tanto no aspecto informático como lingüístico o que achega un valor engadido. Outra das principais características e que permite a súa integración con diferentes aplicacións dirixido inicialmente á súa integración con OpenOffice.org.


Tamén dentro do proxecto Exeria achégase para as persoas usuarias un buscador de termos en rede que pode resolver as dúbidas máis habituais.


Tamén se irán engadindo no repertorio de termos as suxestión que fagan chegar as persoas usuarias a través desta páxina.

Utiliza Exeria