A parroquia de O Val estrea un parque biosaludable para realizar ximnasia de mantemento, dirixida principalmente ás persoas da Terceira Idade
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar, e o presidente da Fundación Terra de Trasancos, Manoel Dopico, visitaron o parque biosaludable de O Val, instalado recentemente na parque traseira do Fogar para Maiores da Fundación Terra de Trasancos.
Este novo parque foi construido coa axuda das administracións provincial (Deputación) e local (Concello de Narón), achegando esta última 4.000€ para a súa construcción.
O novo espazo dispón de xogos para realizar ximnasia de mantemento, exercitando as diferentes partes do corpo con elementos específicos para a Terceira Idade. Trátase do décimo parque biosaludable que se instala en Narón, que foi o concello pioneiro na bisbarra de Ferrolterra á hora de comenzar a instalar este tipo de espazos públicos, construíndo o primeiro na Praza de A Gándara.
A inauguración do parque biosaludable de O Val foi ben recibida polos usuarios da Fundación Terra de Trasancos, cuxo presidente, Manoel Dopico, agradeceu á Deputación de A Coruña e ó Concello de Narón a súa colaboración. “Sin esta axuda, nos non o poderíamos facer. Agardamos que sigan apoiándonos en proxectos futuros”; declarou. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, declarou que “ésta é a maneira de facer as cousas, colaborando entre as administracións para poder chegar o mais lonxe posible, e axudar a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, porque esa é a nosa misión e a nosa forma de traballar”, asegurou.
O rexedor lembrou que a colaboración entre o Concello e a Deputación exténdese a outros proxectos, e puxo coma exemplo as obras de mellora da estrada Miguel de Cervantes, nesta parroquia, onde se están a construir beirarrúas para mellorar a seguridade vial.