O Concello acolleu a entrega aos participantes nos dous obradoiros
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron na mañá do martes os diplomas ás persoas que participaron nos obradoiros de Manexo de móbil intelixente –con cinco edicións- e os de Corresponsabilidade para mulleres e para homes. Nestas convocatorias participaron un total de cen persoas, en colaboración coas asociacións de maiores das parroquias do concello.
O alcalde e a edil naronesa felicitaron ás mulleres e aos homes que remataron con éxito estes obradoiros, e animáronos a continuar formándose e participando activamente neste tipo de iniciativas organizadas desde a administración local.
- Os Obradoiros de manexo de móbil intelixente –de 15 horas cada un- desenvolvéronse entre decembro de 2016 e abril deste ano no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e nos locais Sociais de Piñeiros, O Val e A Solaina. Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer polo miúdo o funcionamento dos seus móbiles e de facer uso de múltiples aplicacións de fotografía e mensaxería, entre outras.
- Os Obradoiros de Corresponsabilidade -30 horas- impartíronse entre marzo e xuño deste ano no Centro Comunitario das Vivendas da Mariña. Os contidos do organizado para as mulleres abordaban temas como a albanelería e fontanería básicas, pintura, seguridade no fogar… e os obradoiros para homes nocións básicas de tecidos e limpeza, cociña, mobiliario, coidado de menores e de persoas maiores, etc.