Ecoescola

Publicado o 31 de Marzo de 2011

O Concello convoca unha nova edición do programa Ecoescola para conciliar a vida familiar e laboral durante as vacacións de Semana Santa

A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, está a organizar unha nova edición do programa Ecoescola para esta Semana Santa.

O Concello ofrece así a posibilidade ás familias dun servizo de conciliación da vida familiar e laboral durante a época de vacacións dos escolares. O programa está dirixido a nenos/as de entre 3 e 12 anos de idade, e terá lugar como de costume no parque temático integral de desenvolvemento rural Aldea Nova, en Sedes.

Nese recinto está previsto que os nenos e nenas realicen diferentes tipos de actividades que estarán a cargo de persoal especializado. O programa Ecoescola levarase a cabo entre o 18 e o 20 de abril –de luns a mércores santo- en horario de 8:30 a 18:30 horas.

Terá un custo de 15€, que inclúe transporte e comida. As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello (en horario de 8:30 a 13:30 horas), cubrindo o formulario específico que se entrega para esta actividade, no prazo do 1 ó 11 de abril.