Pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas
A Diputación da Coruña, a través da súa Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade, e do Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes realizou un proxecto no cal quiso recoller e amosar mediante entrevistas a destacadas deportistas e adestradoras, a realidade do deporte feminino galego e os seus triunfos, desmontar os prexuízos de xénero que habitualmente o arrodean, apoiar os deportes minoritarios, promover valores como a superación e o esforzo, así como intentar normalizar o deporte feminino entre a mocidade creando modelos a seguir e animar ás adolescentes a practicar deporte.
Para elo quiso amosar varias disciplinas establecendo unha comparación cos elementos naturais, boxeo e rugby (lume), fútbol e atletismo (terra), vela e surf (auga), parapente e ximnasia artística (aire).
Contouse cá participación neste documental con deportistas de elite, de base, e adestradoras profesionais, como Marta Brañas, Verónica Boquete, Mónica Castelo, Paula Mayobre, Sofía Toro, Isabel Gundín, Thais Pazos, Alicia Sadia, Maite Reimondo, Mari Carmen García, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.
Trataouse de contribuír a poñer luz sobre a presenza das mulleres no deporte, unha participación que, como vemos, non ten o mesmo eco que ten o mundo do deporte cando os protagonistas son os homes, as deportistas non só superan as súas metas, senón que teñen que superar todas as barreiras coas que se atopan, unha delas, a súa propia invisibilización.
Pódese acceder o contidos deste documental a través da web: www.contraoselementos.gal ademais de contar cunha versión longa de 50 minutos, divídese tamén en catro vídeos máis un extra (correspondentes aos citados catro elementos + futuro) que poden verse e exhibirse de maneira independente.
"Contra os Elementos" é unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña.