Día Internacional do Pobo Xitano

Publicado o 08 de Abril de 2013

Hoxe luns 8 de abril comezan os actos de conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano que se van desenvolver no Concello de Narón ao longo deste mes.

Hoxe, 8 de abril celébrase no Concello de Narón o Día Internacional do Pobo Xitano. Con motivo desta celebración vanse realizar durante todo o mes unha serie de actos de conmemoración, que son as seguintes:

  • 8 de abril ás 12:00 horas na Praza de Galicia: relizarase a lectura do Manifesto redactado con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, que podedes ler e descargar máis abaixo. Esta lectura será acompañada polo lanzamento ao aire dunha importante cantidade de globos coas cores azul, verde e vermella, as cores da bandeira xitana.
  • 8 de abril: nos centros con alumnado de etnia xitana leerase o Manifesto Xitano ao longo da xornada escolar.
  • 12 de abril ás 17:00 horas: celebrarase a Cerimonia do Río, en Freixeiro, cun acto floral e lectura do Manifesto.
  • 12 de abril ás 18:00 horas: no Centro de Maiores "Manuela Pérez Sequeiros" haberá unha convivencia intercultural, no que se poderá degustar o café xitano, elaborado polas propias mulleres participantes.
  • Ao longo de todo o mes: haberá charlas de sensibilización sobre a cultura xitana nos centros escolares de Narón, en datas pendentes de confirmación.

Estes actos foron presentados o pasado venres nunha comparecencia na que participaron as concelleiras de Igualdade e Participación Cidadá de Narón, Teresa Sabio e Catalina García respectivamente, acompañadas de Verónica Monteiro Salazar muller de etnia xitana, que actuou en en representación deste colectivo.

A Concelleira de Igualdade de Narón, Teresa Sabio, pedíu respeto por parte da sociedade á cultura xitana e tamén unha maior participación por parte destas mulleres nos cursos de Alfabetización, Hixiene e Economía Doméstica que organiza dende fai anos o Concello de Narón, de outubro a maio. Estos cursos se celebran no Colexio de San Mateo e na Casa da Mocidade.

Pola súa parte, a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social lembrou que o Concello mantén dende o ano 2006 un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano (cifrado en 20.000€ para este ano) a través do cal se promove a integración destas persoas na sociedade. “Queremos que a poboación se sume a estos actos para coñecer outra cultura e outras formas de ser e de estar. Todos somos iguais e diferentes á vez, e máis alá das etnias están as persoas”, declarou a edil.

Estímase que en Narón existen aproximadamente 300 persoas de etnia xitana.

   
Attachment Size
manifiesto gitano.pdf 192.88 KB