O Concello pon en marcha o programa ConciliaEscola en O Alto, A Solaina e Pedroso, coa participación de 83 nen@s durante o mes de xullo
A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de poñer en marcha o programa Conciliaescola, dirixido a 83 nenos/as de Narón con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
A finalidade deste programa é poñer fin ós obstáculos ós que enfrontan as traballadoras para acceder e permanecer no mercado de traballo en igualdade de condicións, ó ser as principais responsables do coidado de fillos/as e/ou familiares e de cumprir con outras obrigas persoais.
O programa Conciliaescola permite conciliar a vida laboral e familiar, a través dun programa de actividades educativas que se desenvolverán durante o mes de xullo, de 10 a 13 horas, nos centros cívicos sociais de AVV Chafarís (O Alto), AVV A Solaina, SCR A Pombiña (Pedroso) e na Biblioteca Municipal.
As actividades, que comezaron no día de onte, están dirixidas a fomentar o intercambio de opinións, xogos semidirixidos sobre coeducación, dramatizacións e xogo de roles de estereotipos, que serán introducidas nas sesións ordinarias a través de fotografías.
Ademáis, realizaranse xogos coeducativos divididos en dous ámbitos:
- Tarefas domésticas (promoción do reparto equitativo das tarefas do fogar).
- Xogos alternativos (utilización de xogos alternativos e populares, contacontos e cantaxogos, para favorecer a cooperación e a coeducación)
- Tamén haberá un día con familias, no que explicaranse as actividades levadas a cabo e abordarase o tema da coeducación e a corresponsabilidade.