Concentración ante o Concello en repulsa do asasinato machista de Baiona

Publicado o 09 de Febreiro de 2023

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración convocada o día 7 no Concello en repulsa do asesinato machista dunha muller en Baiona, Pontevedra. 

 

 

O suceso tivo lugar o pasado domingo, cando o presunto asasino, Ángel Rodríguez, golpeou mortalmente na cabeza á vítima, Beatriz Lijó, de 47 anos. O suceso é o primeiro crime machista deste ano en Galicia e o oitavo a nivel estatal no que vai de ano.

Á convocatoria, na que se gardou un minuto de sinlencio en sinal de condena dos feitos e solidariedade coa familia da muller asasinada, acudiron tamén outros representantes da corporación local, entre eles a edil de Igualdade, Mar Gómez, e tamén traballadoras e traballadores do Concello. No transcurso da convocatoria os políticos locais portaron unha pancarta do Concello co lema “Contra a violencia de xénero”.